Onte, 28 de novembro, a Asociación de Amizade Galego Cubana Francisco Villamil e Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista realizamos unha xornada de homenaxe nacional ao heroe galego-cubano do asalto ao cuartel Moncada onde se inicia, como ponto de partida emblemático, a Revolución Cubana.
![]() |
Un momento da recepción no concello de Pontevedra | |
![]() |
Perto dun cento de persoas acudiron á palestra-coloquio con Pedro Trigo na Faculdade de Belas Artes | |
A xornada terminou á noite cunha cea de confraternización con case 50 persoas, e coa entrega dun presente en nome das organizacións convocantes.
![]() |
A entrega do presente das organizacións convocantes a Pedro Trigo | |
Unha homenaxe para moitos e moitas máis
Homenaxear Pedro Trigo é a forma que desde Mar de Lumes, en colaboración coa AAGC Francisco Villamil, temos de homenaxear, en sentido máis amplo e abranxente, o resto de combatentes do Moncada — galegos e non galegos. Facelo pon de relevo a importancia histórica da nosa emigración, tal como destacou o Cónsul Xeral na súa intervención, e afasta de nós a idea de sermos un povo apoucado que viaxaba polo mundo á procura de fortuna, tal como tanto nos ten repetido a historiografía e o discurso político español nas escasas ocasións en que se refere á historia de Galiza.Exemplos como os de Pedro e Xulio Trigo, e non só, afirman a idea de que os galegos e as galegas non marchaban, senón que eran expulsados do seu país por un sistema colonial que lles impedía viveren nas súas casas, e que unha vez fóra, se imbricaron fortemente nos povos que os receberon, participando intensamente nas súas sociedades de acollida, ao ponto de teren papeis destacados en episodios históricos como o do asalto ao Moncada. Pedro Trigo, fillo da emigración galega forzada, é unha evidencia viva desta conclusión.