
O conflito contra España
O territorio saariano leva séculos sendo habitado por un conxunto de povos nómades cunha organización social complexa e ben asentada, dedicados ao pastoreo e ao comercio polas rotas que atravesaban o deserto. En 1884, porén, a España participou na conferencia de Berlín en que a África era partillada entre as potencias imperiais europeas, evidentemente sen ninguén preguntar a opinión dos povos africanos, e reclamou a soberanía imperial sobre a áreas coñecidas como Río de Oro (parte sul do actual Saara Occidental) e Saguia el Hamra (parte norte). Deste modo comeza o conflito pola soberanía do povo saaraui: contra os españois, e non só após os españois abandonaren o enclave. A forte resistencia das tribos á invasión logra resistir até 1936, cando o exército español, axudado polo francés, pasa a controlar efectivamente a zona, que pasa a denominarse “Saara español” e é convertido en pura colonia para a pesca e a leva de soldados, empregados polo bando fascista durante a Guerra Civil española -- dato, por certo, tamén ocultado pola historia oficial. — dato, por certo, tamén ocultado pola historia oficial.
O conflito contra Marrocos

En 1980 Marrocos comeza a construir os muros que actualmente dividen o Saara para garantir a súa ocupación e evitar a volta dos refuxiados, deixando do lado leste unha pequena franxa de territorio liberado. Esta zona está administrada pola Frente Polisario, ao igual que os acampamentos de refuxiados de Tinduf onde viven en precarias condicións máis de 150.ooo saarauis á espera de retornar á súa patria.
Hoxe en día maís de 80 estados e a Unión Africana recoñecen a RASD e o seu dereito á soberanía sobre o conxunto do territorio hoxe ocupado. As Nacións Unidas consideran aínda hoxe a RASD como un territorio non descolonizado, no cal a España é, formalmente, a potencia administrativa. Porén, a negativa española a se involucrar de novo na situación, o xogo de rapina de Marrocos e Mauritania, a inoperancia da MINURSO (a misión da ONU destinada a promover o referendo de autodeterminación saariano) e os esforzos non declarados da comunidade internacional por facer que o conflito vaia esmorecendo de vagar e en silencio manteñen a situación bloqueada completamente. Nen sequera os crimes marroquinos contra a povoación saaraui, dos que é boa mostra a masacre levada a cabo en Gdeim Izik en 2010 contra manifestantes pró-independencia pacíficos, serviron para esporear a comunidade internacional á procura da única solución posíbel: que Marrocos e Mauritania se retiren da RASD e que o povo saaraui poida, por fin, exercer o seu direito á plena soberanía nacional.