Nun acto repleto de grandes momentos no interior do Auditorio García Barbón de Vigo, o pasado día 15 de marzo, Mar de Lumes participou, xunto con outras, como organización colaboradora na Homenaxe Nacional a Hugo Chávez organizada pola Associaçom Galega de Amizade com a Revoluçom Bolivariana (AGARB) e o Consulado de Venezuela en Galiza.
En conmemoración do primeiro ano da morte do Comandante Hugo Chávez, o acto tornouse nunha afirmación emotiva que foi alén da solidariedade obrigada entre os povos, até á amizade e o recoñecemento profundo das achegas que a Revolución Bolivariana está a traer para a humanidade toda, e non só para Venezuela.
Eis unha selección de fotografías da homenaxe, cortesía de
GzFoto.
 |
O cantautor Xosé Constenla |
 |
Uxía Senlle e Sérgio Tannus |
 |
Sés |
 |
Serafín González, en nome da CIG |
 |
Os tres trebóns |
 |
Zurrumalla |
 |
Liska! |
 |
A Cónsul Xeral da Venezuela, Luisana Sánchez Cohen |
 |
O coordenador da AGARB, Xavier Moreda |