A semana pasada, en colaboración coas asociacións culturais A Revira e Cultura do País, celebramos en Pontevedra e Lugo tres xornadas de amizade e solidariedade co pobo catalán.
As actividades comezaron polo serán en Lugo co pase do documentario Del roig al blau (Do vermello para o azul) que mostra os anos da chamada Transición no Païs Valencià, o fenómeno do blaverismo e o seu uso por parte do centrismo español para fomentar o anti-catalanismo que continúa padecendo hoxe unha parte importante desa faixa sul dos Països Catalans.

Despois do documentario e dun interesante debate posterior, asistimos ao concerto de Cesk Freixas, que tiña tamén participado no debate, achegando a súa posición de proximidade ao conflito.
Simultaneamente, o mesmo día 25 en Pontevedra tiña lugar un seminario sobre historia de Cataluña a cargo do profesor José E. Vicente, membro de Mar de Lumes, que serviu para pór de manifesto a falacia da historiografía española.
E xa o día 26, puido verse o novo pase do documentario Del roig al blau, degustar produtos cataláns e asistir ao concerto de Cesk Freixas.
Desde a Galiza, o auxe do sentimento soberanista e o proceso en que o pobo catalán está inmerso son seguidos con profundo interese. Frente á intoxicación constante e á catalanofobia sementada polos gobernos unionistas de Madrid e polo goberno galego controlado polo Partido Popular, desde Mar de Lumes queremos insistir na solidariedade e acompañar a situación doutro ponto de vista: o das persoas que o están a protagonizar, cada día.