A caridade é humilhante porque se exercita verticalmente, desde a cima; a solidariedade é horizontal e implica respeito mútuo.
— Eduardo Galeano
Amosando publicacións coa etiqueta Ayotzinapa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ayotzinapa. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2015

México insurxente: non esquecemos!

Onte, día 25, celebramos xunto coa Liga Estudantil Galega na Universidade da Coruña unha nova acción explicativa sobre a situación en México, co gallo da desaparición dos 43 estudantes normalistas en Ayotzinapa, no estado de Guerrero. 




O compañeiro Manolo Pipas, internacionalista galego que coñece perfeitamente a realidade mexicana — non só en Guerrero, como tamén nos estados de Oaxaca ou Chiapas — explicou a situación e ligouna claramente a un proceso que non pode ser entendido por si só, senón no conxunto das violencias institucionais exercidas polo Estado federal en connivencia cos intereses das oligaquías mexicana e dos Estados Unidos.

Subscrebe a nosa axenda solidaria!

venres, 12 de decembro de 2014

En Lugo: México presente!

Na secuencia dos actos de solidariedade galega co México insurxente, desde Mar de Lumes e a Liga Estudantil Galega organizamos un novo acto para explicar a situación naquel país, tentar definir o concepto de narco-Estado e apoiar a insurxencia popular mexicana.

A desaparición dos 43 estudantes de Aytozinapa (Guerrero) serviunos desta volta para falar do papel que xogan as escolas normalistas e do intento do poder por eliminalas, e tamén para ir alén da dura actualidade e achegarnos a unha comprensión máis global do que acontece naquel país. Porque os 43 estudantes non son as únicas vítimas, nen por acaso.

Para todo isto, contamos coa inestimábel colaboración do activista e poeta galego Manolo Pipas, grande coñecedor da actualidade mexicana, que nos trasladou desde a residencia Bal e Gay de Lugo ao México digno que non cala.